Nova
15/01/2024
Federativas

De la Puente finalista individual e campión de dobres no Victorian Wheelchair Open

Martín De la Puente comeza o ano con grandes resultados, conseguiu ser finalista individual e campión da proba de dobres do Victorian Wheelchair Open celebrado do 8 ao 12 de xaneiro en Australia.

Na proba individual, Martín venceu a Mohamad YusshazwanBin Yusuf (MAS) 6-1 6-0, a Daisuke Arai (JPN) 6-2 6-3 e a Takashi Sanada (JPN) 7-5 6-3.

Na final perdeu ante o número 1 do ranking mundial Alfie Hewett (GBR) por 6-1 e 6-4.

Na proba de dobres proclamouse campión xunto con Joachim Gerard (BEL).