Nova
14/08/2023
Federativas

Equipos galegos no Campionato de España MAPFRE de Tenis Infantil por Equipos – Trofeo Joan Compta in Memoriam

Actualizamos os resultados dos catro equipos galegos participantes:

Actualizamos os resultados dos catro equipos galegos participantes:

Resultados na modalidade masculina:

O equipo infantil do Real Club Tenis Coruña venceu por 3-1 aos xogadores do Real G. Covadonga na primeira rolda e á Agrupación San Juan por 3-2 na segunda. Logo perderon en cuartos de final contra os valencianos.

Os xogadores do Club de Tenis Pontevedra venceron na primeira rolda aos do Club Deportivo Don Benito por 3-2 e en oitavos de final caeron ante os infantís do Real Club de Tenis Barcelona, ​​segundos favoritos no cadro.

Resultados na modalidade feminina:

Os dous equipos galegos perderon na primeira rolda. O Real Club Tenis Coruña contra o Club de Tenis Toledo e o Club Deportivo D10 contra o Club de Tenis Alzira.

Na consolación, as lucenses venceron por 3 vitorias a 1 ás xogadoras do STC Castro Urdiales e despois caeron en semifinales ante as mozas do Real Zaragoza Club de Tenis, que acababan de eliminar en cuartos ás coruñesas do Real Club Tenis Coruña.