Nova
23/09/2019
Federativas

Gabriel Marcelli, campión do mundo de Trial2

Marcelli supera a Grattarola e proclámase campión

O piloto galego de Montesa RG Trial chegaba á Nucía a só un punto do italiano Matteo Grattarola polo que cada un tiña que xogar as súas cartas para ser o mellor deste 2019 en Trial2. Onte, na qualy, Marcelli xa demostrou que estaba preparado para gañar e marcou o tempo máis rápido na zona indoor.

Hoxe, desde o primeiro momento estivo primeiro, facendo moi ben as zonas e administrando a vantaxe que ía tendo sobre o de Honda que facía varios cincos e complicábase cada vez máis conforme ía pasando o tempo. O comentario xeral de case todos os pilotos foi que as zonas eran longas e esixentes polo que había que empregarse a fondo en cada unha delas.

Gabriel terminou líder a primeira volta así que na segunda só tiña que aguantar e manterse concentrado. Fíxoo levándose o título e gravando o seu nome con letras de ouro. Esta carreira e esta tempada non a esquecerá xamais.