Nova
30/08/2021
Institucionais

Galicia afianza a súa posición como capital nacional do surf co campionato de España de Surfing 2021 en Valdoviño

Lete Lasa orienta o esforzo das institucións e federacións cara a tecnificación deste deporte en Galicia para conseguir representación olímpica para os próximos Xogos que terán en lugar en París no ano 2024

Valdoviño (Ferrol), 30 de agosto de 2021.- Osecretario xeral para el Deporte, José Ramón Lete Lasa e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na mañá de hoxe na presentación do Campionato de España de Surfing 2021 que terá lugar ata o 5 de setembro na praia da Frouxeia, en Valdoviño. Este é o segundo ano consecutivo no que Valdoviño acolle o Campionato de España que finalizará a fin de semana que vén co Campionato de España por comunidades autónomas do que Galicia foi campioa en 2018 e 2019.

O mandatario galego destacou a importancia de Galicia como capital nacional e mesmo internacional del surf, subliñando que tanto a federación galega, a federación española e a delegación nacional da World Surf League teñen as súas sedes en Galicia. Do mesmo modo tamén resaltou importancia dos principais eventos de surf que se celebran en Galicia como el Pantín Classic, el Junior Qualifying Series 1.000 Gadis Prol Ferrol ou o propio Campionato de España de Surfing. Ademais, Lete Lasa puxo o acento nos deporistas galegos de surf que levan conseguindo grandes resultados nos últimos anos. Neste sentido apuntou cara aos nomes de pioneiros como Gony Zubizarreta o Vicente Romero e tamén a outros que seguen o seu camiño como Esperanza Barreras, bicampioa mundial de SUP e que está a piques de conseguir el cetro europeo da especialidade.

Por último, o secretario xeral informou que o esforzo das institucións e federacións debe orientarse cara a tecnificación deste deporte en Galicia para conseguir representación olímpica para os próximos Xogos que terán en lugar en París no ano 2024.

Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, referiuse ao labor que vén desenvolvendo desde fai anos a Xunta a favor da consolidación de Galicia como destino turístico nel ámbito do surf, tanto na identificación e promoción dos lugares máis idóneos para a súa práctica, “como no apoio a a creación de infraestruturas e á organización de acontecementos que nos prestixien nos ámbitos nacional e internacional”.

Así, destacou a iniciativa Galicia surfing, unha oferta de turismo activo e sustentable para os 1.500 quilómetros da costa galega posta en marcha fai uns anos e que xa se constituíu como o primeiro produto turístico relacionado co surf en todo el territorio galego, dispoñible os 365 días do ano e adaptado a todos os niveis e perfís de surfistas, e a colaboración desde el Goberno galego coa celebración da proba Abanca Pantin Classic Galicia Pro, que ano tras ano logra focalizar cara a Galicia a atención dos surfistas de todo o mundo.