Nova
04/11/2019
Federativas

Galicia campioa do Motocros das Autonomías 2019

O equipo formado polos irmáns Rubén e Sergio Fernadez, e por Yago Martínez vencen na categoría MXÉlite

A selección galega no Motocros das Autonomías logrou unha brilante primeira posición na categoría MXÉltie. Xa nas clasificatorias do sábado o equipo integrado por Rubén Fernández, Sergio Fernández e Yago Martínez mostraron o seu potencial clasificandose en primeira posición.

No domingo ratificaron ese dominio cun Rubén inconmesurable vencendo as tres mangas de Élite. Os outros dous integrantes do equipo apuntalaron a clasificación cos 5º,8º e 6º de Yago e co 10º, 13º e 13º de Sergio par un total de 45 puntos que os situaba no mais alto do caixón. Por detrás empatadas a 74 puntos, os outros dous postos eran para Andalucía e Valencia completaban o podio no que participaron todas as comunidades autonomomas.

Na categoría Mx85 os nosos representantes acadaron a novena plaza, con Adrián Castro (12º e 10º), Mateo García (21º e 20º) e David López (37º e 41º). A vitoria nesta categoría foi para Cataluña.