Nova
13/10/2020
Federativas
Galicia gaña o Campionato de España por CCAA de Tenis en Cadeira de Rodas 2020
Volvérono a facer, Martín De la Puente e Álvaro Illobre conseguiron ser campións no Campionato de España por CCAA de Tenis en Cadeira de Rodas, celebrado do 9 ao 11 de outubro de 2020 no Club Ipartenis, Huarte (Navarra).
O equipo galego capitaneado por Fernando San Martín Rodríguez gañou ao equipo da Rioja e en semifinais ao equipo de Murcia, ambos encontros co resultado de 2-0.
Na final, Galicia conquistou o título ante Madrid, Álvaro deulle o primeiro punto a Galicia gañando a Jorge Iglesias 63 60 e Martín conseguiu o punto final vencendo a Dani Caverzaschi 64 46 75.
¡Parabéns!