Nova
09/02/2020
Federativas

GALICIA JUDO - NIKOLOZ SHERAZADISHVILI OURO NO GRAND SLAM DE PARIS 2020

O noso primeiro Campión do Mundo de Judo masculino (Baku 2018) afronta a recta final do seu camiño aos Xogos Olímpicos de Tokyo con unha victoria nunha das derradeiras grandes citas puntuables.

Coa clasificación na man (1º do ranking olímpico) e nun estado de forma excelente afronta o noso Campión Mundial de Judo de -90KG (Baku´2018) as derradeiras citas previas aos Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.

Desta volta un OURO no Grand Slam de París vencendo na final ao judoka xaponés Nagasawa e pechando así unha competición impecable na que tamén derrotou contundentemente aos representantes de República Dominicana, Uzbekistan, Francia e Azerbaiján.

Tamén tomaron parte nesta grande cita internacional os seguintes deportistas da Federación Galega de Judo:

  • Na primeira xornada: Laura Martínez (-48KG) que acadou un meritorio 5º posto, Fran Garrigós (-60KG) e Alberto Gaitero (-66KG), neste caso 7º clasificados.
  • Xa o domingo, ademáis da participación do noso campión Niko, tamén temos que facer mención á participación da nosa diploma olímpico en Rio´2016, María Bernabéu (-70KG) e Sara Álvarez (+78KG).

Varios destes deportistas teñen a día de hoxe unha praza para disputar os Xogos Olímpicos de Tokyo do próximo verán a falta de poucos grandes eventos puntuables, outro Grand Slam, neste caso en Dusseldorf, e o Grand Prix de Rabat.