Nova
13/10/2021
Federativas

Galicia revalida o título no Campionato de España por CCAA de Tenis en Cadeira 2021

A selección galega formada por Martín De la Puente e Álvaro Illobre e dirixida por Fernando San Martín, conseguiu revalidar o título de campións no Campionato de España por CCAA de Tenis en Cadeira celebrado no Ipartenis Club, Huarte (Pamplona).

Os galegos eliminaron ao equipo asturiano nos cuartos de final, cun resultado de 2-0 e despois en semifinais gañaron La Rioja co mesmo resultado.

Na final contra Cataluña, Martín De la Puente gañou a Quico Tur por 6-1 6-0 e Álvaro Illobre gañou a Dominic Bukala por 6-7(8) 7-5 6-2.

Galicia logra así o seu noveno título, todos eles gañados nas últimas 9 edicións.