Nova
09/10/2023
Federativas

Galicia subcampioa no XXI Campionato de España de tenis en cadeira MAPFRE por Comunidades Autónomas

A selección galega, formada por Álvaro Illobre Saavedra e Daniel Prada García, conseguiu ser finalista na XXI edición do Campionato de España de Tenis en Cadeira MAPFRE por Comunidades Autónomas en Miranda de Ebro (Burgos).

Na primeira rolda, os galegos eliminaron aos andaluces (2-1), que eran os segundos favoritos, para despois superar co mesmo resultado aos xogadores de Castilla y León.

Na final caeron ante os cataláns, que confirmaron a súa condición de favoritos.

¡Parabéns por este gran resultado Álvaro e Daniel!