Nova
05/10/2026
Federativas

Gonzalo González chega aos cuartos de final do MT1000 Mallorca +60

O xogador lucense Gonzalo González González chegou aos cuartos de final da categoría +60 do MT1000 Mallorca (M/W30-60), disputado do 27 de setembro ao 3 de outubro de 2026.

Gonzalo comezou a súa andaina na segunda rolda, onde derrotou o alemán Helmut Bayer por 6-1 e 6-4. Na terceira rolda, superou o sueco Jesper Hedenbergh cunha contundente vitoria por 6-2 e 6-0, mentres que na cuarta rolda venceu o italiano Lanfranco Villa por 6-3 e 6-1.

O xogador lucense perdeu nos cuartos de final ante o cabeza de serie número 8, Niels De Kok (NED), completando así unha notable participación no torneo mallorquino.