Nova
25/08/2023
Federativas

Gonzalo González despídese do Mundial Individual +55 nos cuartos de final

Gran resultado do lucense Gonzalo González González no Campionato do Mundo Individual +55 celebrado do 19 ao 26 de agosto en Lisboa (Portugal).

Gonzalo chegou aos cuartos eliminando a Sergey Korolev cun dobre 6-0, a Paul Clutton (GBR) cun resultado de 6-1 6-3, a Ireneusz Gorka (POL) por 7-5 6-3 e ao arxentino Gustavo Miranda 6-2 4-6 6-4.

O xogador de Países Baixos, Niels De Kok, eliminouno por 6-3 e 6-4 nos cuartos de final.

¡Parabéns por este gran resultado Gonzalo!