Nova
04/08/2026
Federativas
Gonzalo González González conquista o MT1000 Barcelona
O tenista lucense Gonzalo González González continúa a realizar unha tempada extraordinaria tras proclamarse campión do MT1000 Barcelona na categoría +60, torneo do circuíto ITF World Tennis Masters Tour disputado do 19 ao 25 de xullo de 2026 na Cidade Catalá.
Gonzalo completou unha semana de competición brillante, amosando un tenis moi sólido e sen perder nin un só set en todo o torneo. O seu camiño cara ao título foi o seguinte:
- Segunda rolda: vitoria ante Ignacio López Chocarro (ESP) por 6-0 e 6-2.
- Terceira rolda: vitoria contra o italiano Benedetto Brocato por 6-0 e 6-3.
- Cuartos de final: Derrotou ao neerlandés Niels De Kok por 7-6(4) e 6-0.
- Semifinais: derrotou a Carlos Homedes (ESP) por 6-3 e 6-2.
- Final: Derrotou de forma convincente ao neerlandés Bart Theelen por 6-2 e 6-0, converténdose no campión do torneo.
Con este novo título internacional, Gonzalo González González reafirma a súa excelente forma e continúa consolidándose como un dos grandes referentes do tenis máster español e internacional na categoría +60.