Nova
08/08/2023
Federativas

Gran acollida ás actividades de tenis do Plan Corresponsables en Galicia

Xa comezaron as actividades de tenis gratuítas do Plan Corresponsables que organiza a Federación Galega de Tenis en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e a Secretaría Xeral de Igualdade.

O Plan de Corresponsables xorde da sinatura dun convenio da Xunta de Galicia co obxectivo de promover a conciliación e a igualdade de oportunidades de mulleres e homes con fillos menores a cargo, mediante a habilitación de servizos de coidado profesional con actividades de animación socio deportivas para nenos e nenas de ata 16 anos, ao tempo que se fomenta a práctica deportiva entre a poboación máis nova, achegándoa ás distintas modalidades e favorecendo así a convivencia e o xogo en equipo dende as idades máis temperás. Deste xeito, conséguese unha notable mellora na vida cotiá das familias, conciliando o tempo laboral, familiar e persoal.