Nova
14/11/2017
Eventos

HALTEROFILIA: Intensa actividade competitiva para as nosas e os nosos deportistas nesta próxima fin de semana

Encontro Internacional “Copa Odera” en Francfort-Oder (Alemaña), do 16 ao 19 novembro

XII Copa Mediterránea en Ljubljana (Eslovenia), do 16 ao 19 noviembre

Campionato de Galicia por Clubs masculino e feminino en Ourense, do 17 ao 19 de novembro

Concentracción en Anaheim (California) para o Campionato do Mundo Absoluto, do 13 ao 28 novembro

 
Do 16 ao 19 deste mes deportistas galegas e galegos asistirán, ben coa selección española, ben cos seus clubs, a dous encontros internacionais e un campionato autonómico:
A Ljubljana (Eslovenia), formando parte do equipo nacional que se despraza á Copa Mediterránea, acudirán, do Club Halterofilia Coruña:

  • Noelia García Suárez (1997) júnior da categoría de -53 quilos. Campioa de España nesta categoría.
  • Carlos Castro Mariño (1997) júnior da categoría de -77 quilos. Campión de España nesta categoría.

Por outra banda, cumprindo o compromiso que o Club Halterofilia Coruña ten cos alemáns do Centro de Tecnificación de Francfort-Oder, o club herculino acode a terras xermanas cunha importante representación tamén masculina e feminina (aínda que nesta ocasión os deportistas masculinos son máis numerosos, ao revés que en ocasións anteriores) a participar no Encontro Internacional “Copa Odera”.
A numerosa delegación que representará o C.H. Coruña neste prestixioso encontro está composta por deportistas infantís, xuvenís e júniors:

  • Mª Ángeles Hernández Núñez (2003) da categoría de +75 quilos.
  • Ana Arufe Nuño (2002) da categoría de -53 quilos.
  • Anxo Silva Sixto (2001) da categoría de -56 quilos.
  • Jaime Fernández Infante (2001) da categoría de -56 quilos.
  • Juan Gago Codesal (2001) da categoría de -62 quilos.
  • Marcos Rama Núñez (1999) da categoría de -69 quilos.
  • Janiel Karín Pinzón Morales (2000) da categoría de -77 quilos.
  • José Antonio Martínez Revuelta (1997) da categoría de -77 quilos.
  • Luís Román Pose Villalaba (2001) da categoría de -85 quilos.

Así mesmo, tamén partiron cara aAnaheim (California, EE.UU.) os deportistas coruñeses, do C.H. Coruña:

  • Irene Martínez Santiago
  • Víctor Castro Mariño

Ambos formarán parte do equipo nacional que participará no Campionato do Mundo Absoluto que se celebrará en terras americanas do 28 de novembro ao 5 de decembro. A selección española partiu cara a concentración do mundial en Anaheim.
E finalmente, tamén esta próxima fin de semana, disputarase en EXPOURENSE o Campionato de Galicia por Clubsen categoría masculina e feminina, no que participarán deportistas os clubs: C.H. Pabellón, C.H. Vigo, C.H. Rías Baixas, C.H. Ferrol e C.H. Coruña, por ser estes os que se clasificaron para a final de devandito campionato.