Nova
06/09/2017
Eventos

HALTEROFILIA: TROFEO INTERNACIONAL “GOROD PONEVEZIS” (LITUANIA)

Do 7 ao 10 do presente mes de setembro, celebrarase no Centro de Cultura e Deportes de Ponevezis (Lituania) o encontro internacional de relevancia na nosa especialidade deportiva: TROFEO INTERNACIONAL “GOROD PONEVEZIS”  para deportistas masculinos e femininas.

A Federación Galega recibiu invitación para acudir a este prestixioso evento e a dirección técnica da nosa federación preparou un equipo o suficientemente competitivo para enfrontarse ás potentes seleccións europeas – Alemaña, Rusia, Hungría, Dinamarca, Lituania, entre outras – que participan neste trofeo internacional amistoso.

A nosa representación será de 6 deportistas, 3 mulleres e 3 homes, sendo estas e estes:
* Irene Martínez Santiago (1993) Campioa de España, medallista europea e mundial. Categoría.-63kg. * Noelia García Suárez (1997) Campioa de España e medallista europea. Categoría - 53kg. * Irene Branco Tarela (2002) Campioa de España e medallista europea. Categoría 75 kg.

* Víctor Castro Mariño (1992) Campión de España e de Europa. Categoría - 69 kg. * Carlos Castro Mariño (1997) Campión de España e membro equipo nacional. Categoría - 77 kg.
* Martín Liste Viaño (1996) Campión de España. Categoría - 94 kg.
Nin que dicir ten que o noso equipo será un dos máis fortes que actúen no encontro internacional, no entanto, hai que ser realistas e entender que, a nosa, non é a selección dun país, senón a selección dunha entidade deportiva, neste caso, o CLUB HALTEROFILIA CORUÑA. 
Por outra banda, e dado que na mesma data - día 9 de setembro - se realizará no CAR de Madrid o Test de Preselección para os Campionatos de Europa Junior e Sub-23,  esta competición valerá como test para os campionatos europeos descritos.