Nova
21/12/2020
Federativas

Illobre campión do cadro de consolación do Campionato de España de Tenis en Cadeira 2020

Álvaro Illobre logrou ser campión do cadro de consolación do 30º Campionato de España de Tenis en Cadeira, tras vencer na final a Juan José Rodríguez cun dobre 75.

No cadro principal, Álvaro caeu ante Juan Ramón Ortiz e no cadro de dobres formando parella con Francesc Prat non conseguiron superar á parella formada por Arturo Montes e Francisco García.

 

Martín De la Puente, aínda que estaba inscrito no Campionato, non puido defender o título de campión, xa que deu positivo na proba de recoñecemento de COVID, desde a Federación Galega de Tenis mandámoslle todo o noso apoio.