Nova
07/09/2022
Federativas

Illobre cede ante Quico Tur a final do Open Cidade de Ferrol

Rematou a XXII edición do Open de Tenis en Cadeira Cidade de Ferrol no Club de Campo de Ferrol. O barcelonés Quico Tur impúxose por 6-1 e 6-2 na final ante o aresán Álvaro Illobre.

Na modalidade de dobres, Jorge Iglesias e Francesc Prat venceron por 1-6, 6-1 e 10-6 a Mario Roque e Patxi Fadrique.

Na consolación, Francesc Prat foi o campión, superando a Francisco Javier Sánchez por 6-2 e 6-4.