Nova
18/08/2023
Federativas
Illobre e Prada no II Open Nacional Cruz da Victoria de Tenis en Cadeira de Rodas
Grandes resultados de Álvaro Illobre e Daniel Prada no II Open Nacional Cruz de la Victoria de Tenis en Cadeira de Rodas, celebrado no Real Club de Tenis Oviedo do 10 ao 13 de agosto.
Álvaro Illobre conseguiu ser finalista de dobres con Raul Moreno e tamén chegou ás semifinais do cadro principal, perdendo ante o cabeza de serie número 1 Francesc Prat (61 36 62).
Daniel Prada quedou campión de consolación ao vencer na final a Rubén Valle cun resultado de 6-2 7-6(2).