Nova
18/04/2022
Federativas

Jessica Bouzas campioa de dobres do W25 de Oeiras xunto a Guiomar Maristany

A galega Jessica Bouzas Maneiro segue colleitando grandes resultados. Nesta ocasión logrou chegar aos cuartos de final de individuais e se levou o título de dobres do Torneo Internacional Oeiras W25 en Portugal.

Na modalidade individual, remontou o seu partido da primeira rolda ante a portuguesa Inés Murta 3-6 6-2 6-4, despois a súa rival en oitavos de final, Ángela Fita Boluda, retirouse no primeiro set e por último, nos cuartos, Jessica non logrou vencer á terceira cabeza de serie, a alemá Katharina Gerlach 6-1 e 6-4.

No cadro de parellas, Jessica proclamouse campioa xunto a Guiomar Maristany Zuleta de Reales. Gañaron na primeira rolda ás portuguesas Carolina Azadinho e Sara Lanca 6-1 6-0, a Angela Fita Boluda e Inés Murta 3-1 ret. en cuartos de final, as italianas Martina Di Giuseppe e Giulia Gatto-Monticone 6-2 6-4 en semifinais e finalmente as irmás portuguesas Francisca e Matilde Jorge cun resultado de 3-6 6-4 [10-8].

¡Parabéns!