Nova
12/09/2022
Federativas

Jessica Bouzas campioa de dobres do W25 Marbella

A galega Jessica Bouzas Maneiro proclamouse campioa de dobres, formando equipo con Leyre Romero Gormaz, no W25 Marbella Dunique Cup.

Gañaron en cuartos a Claudia Hoste Ferrer / Carlota Martínez Cirez por 6-1 6-3 e a Arina Gabriela Vasilescu (ROU) / Noelia Zeballos Melgar (BOL) por 3-6 6-4 [10-6] nas semifinais.

Na final venceron a Julia Riera (ARG) e Daniela Seguel (CHI) cun resultado claro de 6-4 6-2.

Na modalidade individual gañou a Victoria Gómez por 6-1 6-0 na primeira rolda pero despois perdeu ante Carlota Martínez Cirez na segunda cun resultado de 6-3 7-6(7).

¡Parabéns Jessica!