Nova
03/11/2023
Federativas

Jessica Bouzas Campioa de España co Real Murcia CT 1919

A galega Jessica Bouzas proclamouse campioa de España de Tenis Absoluto Feminino por Equipos co Real Murcia CT 1919.

Do 1 de outubro ao 30 de novembro celebrouse no Club de Tenis Real Murcia 1 o Campionato de España MAPFRE de Tenis Absoluto por Equipos Feminino 1919ª Categoría – Copa Orange.

O Real Murcia Tenis Club 1919 conseguiu o seu primeiro título estatal, gañou a final ao CT Chamartín de Madrid por 3-1. Na final Jessica gañou o seu partido ante a grega Despina Papamichail por 6-3 5-7 6-2.

O equipo de Jessica chegou á final tras vencer ao RCT Barcelona por 3-1 na primeira rolda e ao CT Valencia por 4-0 nas semifinais.

A galega Celia Cerviño xogou co CD Stadium Casablanca, equipo co que se proclamou campioa de España en 2022. Este ano quedou fóra en semifinais, tras perder por 4-0 co CT Chamartín.