Nova
14/02/2022
Federativas

Jessica Bouzas campioa do W15 de Villena

Gran semana para a xogadora galega Jessica Bouzas que estivo imparable no Torneo Internacional W15 de Villena (Alacante), levando o trofeo de campioa.

A vilagarciana, que partía como cabeza de serie número 1 no cadro principal do torneo, eliminou á francesa Nahia Berecoechea cun resultado de 7-6(4) 6-4 e a Judith Perello Saavedra 6-0 6-3. En cuartos de final, superou cun resultado de 6-2 6-2 a Joelle Lilly Sophie Steur (GER) e nas semifinais gañou por 6-1 e 6-3 a Maileen NUUDI (EST).

Na final tampouco renunciou a ningún set, venceu á estadounidense Ashley Lahey cun contundente 6-2 6-1.