Nova
29/03/2022
Federativas

Jessica Bouzas campioa do W15 Palmanova

A xogadora galega Jessica Bouzas Maneiro logrou o trofeo de campioa do Torneo Internacional Palmanova W15 celebrado do 21 ao 27 de marzo no Vilas Academy Calviá Open en Mallorca.

Partiu de cabeza de serie número 2 e avanzou á final superando a Veronika Erjavec (SLO) cun resultado de 6-3 6-4, a Maria Vittoria Viviani (ITA) por 6-1 6-3, a Lucía Cortez Llorca por 6-4 7- 6(3) nos cuartos e a Guiomar Maristany Zuleta de Reales por 0-6 6-2 6-1 en semifinais.

Na final gañou con claridade á cabeza de serie número 1 do sorteo, Yvonne Cavallé Reimers, cun fantástico resultado de 6-4 6-1.