Nova
18/07/2022
Federativas

Jessica Bouzas campioa do W25 Aschaffengurg

Jessica Bouzas Maneiro conseguiu gañar o trofeo de campioa do W25 Aschaffengurg – Schönbusch Open, en Alemaña.

 

Foi unha gran semana para a vilagarciá, que con este título suma o seu primeiro ouro nun torneo de categoría W25 individual.

Para chegar á final Jessica gañou por 3-6 1-6 7-5 á alemá Carolina Kuhl, 7-6(5) 6-3 á búlgara Julia Terziyska, 7-6(1) 6-1 á francesa Alice Tubello. e por último, venceu 6-3 e 6-1 á cabeza de serie número 2, a rusa Darya Astakhova.

Jessica resolveu a final ante a alemá Katharina Hobgarski cun claro resultado de 6-1 6-2.

¡Parabéns!