Nova
05/08/2025
Federativas
Jéssica Bouzas cede nos cuartos do WTA 1000 de Montreal
Non puido ser, Jéssica Bouzas caeu nos cuartos de final do Omnium Banque Nationale présenté par Rogers – WTA 1000 en Montreal en Canadá, contra a xogadora local Victoria Mboko.
A vilagarciá gañou en primeira rolda á estadounidense Louisa Chirico remontando un primeiro set en contra 5-7 7-5 6-4. En segunda rolda eliminou a Ashlyn Krueger tamén estadounidense e número 29 do ranking WTA cun doble 6-4. A continuación venceu á xaponesa Aoi Ito (110 do ranking WTA) cun resultado de 4-6 7-5 6-3 e nos oitavos eliminou á china Lin ZHU tamen en tres sets 7-5 1-6 6-2.