Nova
22/06/2026
Federativas

Jessica Bouzas chega aos cuartos de final do Lexus Nottingham Open

A tenista gallega Jessica Bouzas Maneiro realizou unha actuación destacada no Lexus Nottingham Open 2026, un torneo disputado sobre herba no Nottingham Tennis Centre, onde chegou aos cuartos de final tras superar dúas roldas no cadro principal.

Comezou cunha vitoria contra a xaponesa Himeno Sakatsume, á que derrotou na primeira rolda por 7-5 e 6-2 e logo, na segunda rolda, Bouzas beneficiouse da retirada da estadounidense Katie Volynets cando o marcador era favorable para a gallega (7-5, 1-0), conseguindo así o pase aos cuartos de final do torneo británico.

Nos cuartos de final, a xogadora gallega enfrontouse á estadounidense Emma Navarro, terceira cabeza de serie, nun primeiro set moi axustado. Bouzas competiu en igualdade de condicións e levou o a manga inicial ao tie-break, pero Navarro conseguiu gañar (7-6(6)). No segundo set, a estadounidense adiantouse e pechou o partido 6-2 tras unha hora e 43 minutos de xogo.

Malia a derrota, Jessica Bouzas sae de Nottingham con boas sensacións e un resultado importante sobre herba, o que lle dá confianza para a xira previa a Wimbledon.

Resultados de Jessica Bouzas Maneiro – Lexus Nottingham Open 2026:

  • 1ª rolda: Jessica Bouzas Maneiro – Himeno Sakatsume 7-5, 6-2
  • 2ª rolda: Jessica Bouzas Maneiro – Katie Volynets (retirada) 7-5, 1-0
  • Cuartos de final: Emma Navarro – Jessica Bouzas Maneiro 7-6(6), 6-2