Nova
14/06/2021
Federativas

Jessica Bouzas engade un novo título ao seu palmarés

A xogadora galega Jessica Bouzas acadou un novo título de campioa no Torneo Internacional de Heraklion en Grecia celebrado do 31 de maio ao 6 de xuño de 2021.

Jessica partiu de cabeza de serie número 2 e comezou gañando a Martha Matouka (GRE) 6-1 6-1 .

Na segunda rolda eliminou a Angelina Wirges (GER) 6-2 6-3 e logo a Emily Seibold 6-2 6-1 nos cuartos de final.

O encontro máis difícil foi nas semifinais contra Ahavit Kimchi (ISR), Jessica remontou un primeiro set en contra e conseguiu praza na final cun resultado de 5-7 6-1 6-2.

Na final Jessica non deu opción á mexicana María José Portillo Ramírez, gañando 6-3 6-0.

Tamén participou no cadro de dobres, chegando ás semifinais con Claudia Hoste Ferrer.