Nova
24/03/2021
Federativas

Jessica Bouzas finalista do WTA de Gonesse

Jéssica Bouzas Maneiro finalista do Torneo Internacional WTA de Gonesse, en Francia.

Gran esforzo da xogadora galega neste torneo. Logrou superar a fase previa superando a Juline Fayard (FRA) por 3-6 6-4 [10-6], a Zoe Richard (FRA) por 6-3 6-2 e Anna Gabric (GER) por 6-3 4-6 [ 10 -7].

Despois no cadro final, gañou a Lena Papadakis (GER) por 7-6 (4) 6-4 na primeira rolda, derrotou a Diane Parry (FRA) cabeza de serie número 2 do torneo 7-5 6-4, na segunda rolda .

Remontou en cuartos de final ante Yana Morderger (GER) por 5-7 6-3 6-2 e nas semis gañou a Emeline Dartron (FRA) cun resultado de 7-5 6-3.

No partido final, e despois de 8 partidos, Jessica non puido estar ao 100% e finalmente o trofeo do gañadora foi para a francesa Marine Partaud, o resultado 6-4 6-3.