Nova
17/10/2022
Federativas
Jessica Bouzas gaña o W25 Quinta do Lago
Novo título de campioa para a tenista vilagarciá Jessica Bouzas Maneiro.
Jessica Bouzas está imparable, conseguiu gañar o Torneo Internacional W25 Quinta do Lago celebrado do 10 ao 16 de outubro en Portugal.
Para chegar á final, eliminou a Merel Hoedt (NED) 6-1 5-7 6-3, a Tamira Paszek (AUT) 6-3 6-2, a Kathleen Kanev (GER) 3-6 6-4 6-2 e a Francisca Jorge (POR) en semis 7-5 7-5.
Na final enfrontouse a Tara Wurth (CRO), que se retirou no segundo set cando o marcador era 7-5 5-4.