Nova
13/10/2020
Federativas

Jéssica Bouzas, gran papel no cadro de dobres de Roland Garros Junior

Gran actuación de Jéssica Bouzas no Roland Garros Junior, conseguindo chegar ás semifinais do cadro de dobres formando parella coa uruguaia Guillermina Grant.

En primeira rolda conseguiron desfacerse, cun dobre 63, das cabezas de serie número 1, W.Baszak e E. Jacquemot.
 
A continuación conseguiron gañar a S. Costoulas / S.Scilipoti na segunda rolda e nos cuartos derrotaron a K. Dmitruk / J. Kolodynska.
 
En semifinais, Jessica e Guillermina comezaron gañando o primeiro set, pero a parella rusa formada por Diana Shnaider e Maria Bondarenko remontou o encontro que finalizou cun resultado de 7-5 2-6 e 4-10.
 
No cadro individual Jéssica non logrou superar a primeira rolda, caendo ante Kamilla Bartone de Letonia.