Nova
14/12/2020
Federativas

Jessica Bouzas Maneiro subcampioa do ITF Ciudad de la Raqueta

Jessica Bouzas Maneiro logrou ser subcampioa do torneo internacional ITF 15.000$ feminino de Ciudad de la Raqueta, en Madrid.

A pontevedresa non cedeu nin un só set ata chegar á final. Na primeira rolda eliminou á suíza Ylena In-Albon, quinta cabeza de serie, cun resultado de 62 63. A continuación impúxose cun 61 63 en oitavos a Adithya Karunaratne (HKG), nos cuartos superou á española Ane Mintegi do Olmo cun 62 61 e por último nas semis venceu á española Olga Saez 75 e 62.
Na final non logrou superar á favorita do cadro, a suíza Conny Perrin 64 76(8).
No cadro de dobres, Jessica logrou chegar a semifinais formando parella con Laura Martí.