Nova
23/05/2022
Federativas

Jessica Bouzas subcampioa do W25 Platja D´Aro

Jessica Bouzas Maneiro acadou un novo título, o de finalista do Torneo Internacional Feminino Platja D'Aro de categoría W25.

Jessica Bouzas partiu de cabeza de serie número 4 e conseguiu un posto na final, tras vencer por 6-2 6-3 a María Gutierrez Carrasco, a Marine Partaud (FRA) cun resultado de 6-1 6-1, a Ángela Fita Boluda por 6-3 2-6 6-2 e a Stephanie Wagner (GER), cabeza de serie número 2, cun resultado de 6-3 6-4.
Na final individual perdeu por 7-6(2) 6-4 ante Guimar Maristany Zuleta de Reales.

Na modalidade de parellas formou equipo con Leyre Romero Gormaz. Eliminaron a Elena Giovanna Giessler (GER) / Ana Giraldi Requena (ESP) na primeira volta e a Maria Fernanda Herazo (COL) / Maria Paulina Pérez-García (COL) na segunda por 6-2 6-2. En semifinais caeron ante Ángela Fita (ESP) / Andrea Gamiz (VEN), o resultado 6-4 6-3.