Nova
08/05/2023
Federativas
Jessica Bouzas subcampioa do W60 Praga
Jessica logrou un novo título, o de finalista do torneo internacional W60 Praga que se celebrou na República Checa do 1 ao 7 de maio.
Jessica Bouzas partía de cabeza de serie número 4 e conseguiu un posto na final, tras vencer a Jasmijn Gimbrere (NED) por 6-2 2-6 6-1 na primeira rolda, e a Karman Kaur Thandi (IND) na segunda rolda. 6-4 6-3, en cuartos contra Ilinca Dalina Amariei (ROU) por 6-3 6-2 e nas semifinais contra Nikola Bartunkova (SE) por 6-0 6-3. Na final perdeu por 6-2 3-6 4-6 ante Darja Semenistaja (LAT)
Parabéns Jessica!