Nova
26/08/2019
Institucionais

Jorge Prado, campión do mundo de MX2 por segundo ano consecutivo

Facendo unha tempada perfecta, o de Lugo revalidou o título de MX2 neste 2019

Non hai ningunha dúbida de que cando empeza un Campionato todos os pilotos teñen un único obxectivo: ser campións. Pero vimos diferentes formas de selo e a de Prado foi arrasando. Empezou o ano gañando as dúas mangas en Arxentina pero non estivo na seguinte carreira en Gran Bretaña xa que nunha caída adestrando lesionouse o ombreiro esquerdo.

Parecía que a ausencia de Jorge podíalle pasar factura pero nada máis lonxe da realidade. O de KTM regresou na terceira cita, en Valkenswaard, e a partir dese momento o seu peor resultado foi un segundo. Jorge gañou 26 das 28 mangas que disputou. Non hai obxección, é o campión por dereito propio.

Uddevalla, último escollo antes de celebrar o título

 

Esta fin de semana celebrouse a décimo sexta proba da tempada en Uddevalla, Suecia. A partir desta carreira, e despois da súa dobre vitoria en Imola a semana pasada, ao español bastáballe con sumar 20 puntos nas tres carreiras que quedan do calendario. Pero non fixo falta esperar máis.

Onte, nos libres terminou cuarto e no cronometrados segundo, véndose superado por Maxime Renaux. Na manga de clasificación non puido facerse co holeshot e, despois de adiantar ao británico Adam Sterry, cruzou a meta antes que ninguén para hoxe elixir valo de saída en primeira posición. Ademais, o seu máximo rival, Thomas Olsen, tivo un contratempo e clasificou vixésimo terceiro.

Este domingo Prado quería ser xa campión do mundo e pilotou de maneira perfecta para despedirse de MX2 sendo o mellor. Só fíxolle falta a primeira manga que gañou rodando líder desde a saída. Así logrou o seu segundo título consecutivo de campión do mundo de Motocrós.

Declaracións Jorge Prado: “Son absolutamente feliz, isto é o que soñara sempre. O ano pasado foi moi especial porque gañei o meu primeiro título, pero este ano tamén foi un ano de moitísimo traballo e esforzo e estou moi orgulloso porque nos saíron as cousas moi ben e case todo saíu perfecto durante a tempada. Estou súper agradecido ao equipo, á miña familia e a todos os que me apoian no día a día, a eles e aos afeccionados dedícolles este título”.

No Motocrós das Nacións co equipo español Jorge debutará na máxima categoría, MXGP, na que competirá no 2020 porque o regulamento do Mundial así llo esixe ao gañar dous títulos en MX2.

Fotografías: Diego Muñoz