Nova
12/01/2019
Institucionais

José Ramón Lete Lasa participa na homenaxe do Comité Olímpico Español a José Luis Torrado Casal

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2019.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa asistiu á homenaxe do Comité Olímpico Español a José Luis Torrado Casal que tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra. Alí, o máximo responsable do Deporte galego entregoulle ao terapeuta nado en Mugardos unha carta asinada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, onde o máximo mandatario recoñece a traxectoria profesional de Torrado en prol do deporte galego. O Goberno autonómico galardoou a José Luis Torrado coa Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia en 2011 na súa primeira convocatoria.