Nova
27/12/2018
Institucionais

Lete Lasa agradece o traballo das federacións deportivas galegas na quinta reunión do Foro de Deporte Federado e ofrece “permanente diálogo e colaboración intensa e frutífera”

Anuncia unha subida orzamentaria na partida destinada ás federacións que rondará o 10% e que irá parella á subida do orzamento total da Secretaría Xeral que no vindeiro exercicio medra un 10,5% ata chegar aos 24.259.027 euros, o presuposto máis elevado desde o ano 2010

 

Santiago, 27 de decembro de 2018.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, recibiu no serán de hoxe a numerosos representantes das federacións deportivas galegas na cuarta xornada do Foro de Deporte Federado ‘Optimizando sinerxías’ onde se compartiron posturas, reflexións e análises da situación actual do deporte galego desde a perspectiva do deporte federado, así como as propostas presentadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, coa fin de aproximar obxectivos dun xeito harmónico e responsable. Nesta quinta reunión os temas de meirande importancia debatidos foron o escenario orzamentario para o vindeiro ano 2019 así como o formato das subvencións a federacións deportivas galegas. Lete Lasa agradeceu o traballo das federacións e ofreceu “permanente diálogo, colaboración intensa e frutífera”.

Nas súas verbas, o máximo responsable do Deporte galego anunciou unha subida orzamentaria na partida destinada ás federacións deportivas galegas que rondará o 10%, tendo en conta que no exercicio de 2018 destináronse un total de 3.647.896 euros a este respecto. Este incremento é parello á subida do orzamento total da Secretaría Xeral para o Deporte que no vindeiro exercicio de 2019 medra un 10,5% ata chegar aos 24.259.027 euros, o presuposto máis elevado desde o ano 2010.

Rede Deporte Galego

O Foro de Deporte Federado forma parte da Rede Deporte Galego, que botou a andar o pasado 10 de abril de 2017 cunhas xornadas de formación para facilitar o acceso e o manexo da comunicación e administración telemática das federacións deportivas galegas. A creación da