Nova
02/08/2019
Institucionais

Lete Lasa asiste á quinta edición edición da Vigo Battle Of Teams e tende a man da Xunta para novas vías de colaboración

Vigo, 2 de agosoto de 2019.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou o Campo Municipal Armando Cajaraville de Samil onde se está a celebrar a quinta edición da Vigo Battle of Teams de Crossfit. O mandatario galego gabou a "excelente organización do evento" e abriu a posibilidade de explorar novas vías de colaboración con este actividade.