Lete Lasa carga contra o Consejo Superior de Deportes por non abordar os asuntos substantivos que concirnen ao deporte nacional
O secretario xeral para o Deporte citou as urxencias do deporte español como a ampliación de execución e xustificación de fondos europeos; a regulación do seguro deportivo; ou a integración das federacións autonómicas nas federacións españolas
Santiago, 16 de xullo de 2025.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na Comisión Sectorial do Deporte convocada polo Consejo Superior de Deportes.
Durante a xuntanza, Lete Lasa cargou contra o Goberno central polo seu deixamento á hora de atender aos asuntos substantivos que o deporte nacional está a demandar. Neste sentido apuntou que a reunión é tan só unha “formalidade para non seguir incumprindo a obriga de reunión da comisión de, alomenos, unha vez ao ano”.
O mandatario galego puxo de manifesto os puntos urxentes do deporte español como a ampliación de prazos de execución e xustificación de fondos europeos xa que tras varios incumprimentos do Goberno central no se están a cumprir os seus obxectivos; a regulación do seguro deportivo, non abordada aínda polo goberno; así como a problemática da integración das federacións autonómicas nas federacións españolas.