Nova
09/10/2020
Institucionais

Lete Lasa celebra o ascenso do Xadrez Ourense a División de Honra tras rematar segundo en Padrón

  • Xadrez Ourense e Fontecarmoa de Vilagarcía disputaron sete xornadas contra outros seis equipos de Primeira División de todo o país

 

Padrón (A Coruña), 9 de outubro de 2020-. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu hoxe ao Campionato de España de Xadrez CECLUB de Primeira División onde participan desde o 3 de outubro os clubs galegos Xadrez Fontecarmoa (Vilagarcía) e Xadrez Ourense que compiten contra o Ajedrez Sestao, Oromana (Sevilla), Barberá (Barcelona), Grandama (Las Palmas de Gran Canaria), Virgen de Atocha (Madrid) e Stadium Casablanca (Zaragoza).

O secretario xeral puido comprobar in situ o correcto funcionamento do protocolo Covid da Federación Galega de Xadrez para a celebración de este campionato e que está baseado no manual FISICOVID-DXT GALEGO elaborado pola Xunta, que establece as medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia.

Do mesmo xeito felicitou ao Xadrez Ourense polo segundo posto acadado no campionato que significa tamén o seu ascenso a División de Honra e desexou sorte e ánimo ao Fontecarmoa para intentalo na seguinte ocasión.