Nova
09/11/2020
Institucionais

Lete Lasa informa aos equipos de ámbito estatal de Vigo e a súa área que a Xunta seguirá buscando un pacto común en todo o estado para os tests serolóxicos

  • Gaba “a capacidade de adaptación que demostrou o deporte galego nos últimos meses” e o seu “exemplo de coordinación, colaboración, responsabilidade e decisión”

Vigo, 9 de novembro de 2020-. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo hoxe un encontro con algúns representantes dos clubs e entidades de competicións de ámbito estatal non profesionais de Vigo e a súa área. Con eles debateu acerca da situación actual que vive o deporte galego e dos pasos dados pola Xunta de Galicia ao longo da pandemia que permitiron que, a día de hoxe, o deporte federado poida seguir mantendo os seus adestramentos e competicións.

Na reunión participaron -a gran maioría de xeito telemático- os representantes do Coruxo Club de Fútbol, Sárdoma C.F., Asociación Deportiva Carballal, Unión Balonmán Lavadores, Reconquista de Vigo, Club de Esgrima de Vigo El Olivo, Club Deportivo Bosco, Club Vigo Voleibol, Porriño Baloncesto Base, Club Balonmán Porriño, C.D. BM Chapela, Agrupación Deportiva Vincios, Clube Balonmán Cañiza, Club Balonmán Luceros, Real Club Celta de Vigo e Real Club Celta de Atletismo, Club Deportivo Valladares, Club Balonmán Seis do Nadal-Coia, Illas Cíes Tenis de Mesa, Vigo Rugby Club, Sociedade Atlética Redondela, Escola Deportiva Val Miñor-Nigrán, Sociedade Deportiva Atlético Novás, Club Balonmán Atlético Guardés, Club Bádminton As Neves, Club Balonmán Cangas, Cinania T.M. e Bueu Atlético Balonmán. Nas vindeiras datas, o secretario xeral terá outros encontros similares cos clubs e entidades non profesionais de ámbito estatal doutras provincias.

O secretario xeral gabou “a capacidade de adaptación que demostrou o deporte galego nos últimos meses” e o seu “exemplo de coordinación, colaboración, responsabilidade e decisión”. Ademais, anunciou que, segundo o aprobado no Parlamento de Galicia, a Xunta creará “unha liña de apoio económico para a adaptación das entidades deportivas aos protocolos sanitarios”.

En liñas xerais, Lete Lasa destacou o consenso nas decisións tomadas “con todo o tecido deportivo galego”; o seu fundamento en “regras e criterios de expertos”; así como a priorización da “protección e a saúde da nosa poboación, cun escrupuloso control das autoridades sanitarias”.

No que respecta aos protocolos elaborados e aprobados pola Xunta de Galicia, Lete Lasa destacou como o pasado 15 de xuño cando Galicia saía do estado de alarma como a primeira comunidade en facelo, a Secretaría Xeral para o Deporte xa contaba co protocolo FISICOVID-DXTGALEGO para facer fronte á crise sanitaria. Desde finais de setembro, todas as modalidades deportivas de Galicia contan co seu protocolo básico de actuación. “A Secretaría Xeral para o Deporte leva realizado e aprobado preto de 70 protocolos entre os das federacións, o do programa Xogade, o do CGTD, o do CGV, o de Verducido, o de Monterrei, o de Acea da Ama, o dos nosos pavillóns e o dos nosos complexos deportivos”, recalcou.

Tras establecer mediante a Orde do 17 de setembro que na actividade deportiva federada autonómica é preciso o uso da máscara, sempre que non se poida manter a distancia de seguridade e esta se realice en interior e tras acadar que o CSD realizara o seu protocolo para o deporte non profesional de ámbito estatal, Lete Lasa insistiu que a Xunta seguirá traballando para lograr por parte do propio CSD, “un pacto común no que quede clara a esixencia destes tests en todo o contexto do Estado, así como