Nova
23/05/2025
Institucionais

Lete Lasa recibe aos irmáns Wizner, do equipo preolímpico de vela e a Erik Martin Bai, subcampión de Europa de Wushu

Vigo, 23 de maio de 2025.- O secretario xeral para o Deporte recibiu na mañá de hoxe na Casa do Deporte de Vigo aos regatistas de 49er Martin e Jaime Wizner que están no equipo preolímpico da Real Federación Española de Vela para Los Ángeles 2028, así como a Erik Martín Bai que vén de proclamarse subcampión de Europa de Wushu tradicional.