Nova
27/08/2025
Institucionais

Lete Lasa recibe a Christian Costoya que vén de proclamarse campión de Europa de Karting na categoría OK

Santiago, 27 de agosto de 2025.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu ao piloto de Silleda, Christian Costoya, que vén de proclamarse campión de Europa de Karting na categoría OK e que disputará o Mundial de Karting do 11 ao 14 de setembro en Suecia.