Nova
16/12/2016
Federativas

MARÍN ACOLLERÁ O SÁBADO 17 DE DECEMBRO O CAMPIONATO GALEGO DE COMBATE

No evento participarán medallistas estatais e internacionais

Cen deportistas, entre eles medallistas estatais e internacionais, están inscritos no Campionato Galego Absoluto de Combate que se celebrará o sábado 17 de decembro en Marín. Este torneo é clasificatorio, xunto ao Circuíto Galego que comezou a celebrarse este ano, para o Campionato de España.
En total no Campionato Galego Absoluto competirán 22 clubs galegos, 100 deportistas (40 mulleres e 60 homes), 32 árbitros e uns 50 adestradores. A actividade comezará ás 10:00 horas e finalizará a última hora da mañá (a entrega de medallas está prevista para as 13:00 horas).
Entre os inscritos e inscritas temos deportistas moi importantes, polo que seguro que poderemos gozar cun gran espectáculo no Pavillón de Marín. Hai medallistas internacionais coma Katia Calvar (Mat´s) - medalla de prata no Open de Israel hai quince días- ou Lúa Piñeiro (Natural Sport Riveira) na categoría feminina, onde tamén estarán Sabela López (Patiño) que ven de acadar o ouro a semana pasada no Campionato de España de Clubs. Na categoría masculina hai homes tan destacados coma Pablo Fernández Eiras (Mat´s), recentemente ouro no Campionato de España de Clubs, ou José Fernández (Natural Sport) –bronce no Open de París hai dúas semanas-, Adrián Pombo (Natural Sport) –que hai unas semanas participou no Mundial júnior- ou José Real (Natural), entre outros moitos.

Federación Galega de Taekwondo.-