Nova
09/11/2020
Federativas

Martín De la Puente arrasa na Prague Cup Czech

Martín De la Puente consegue un novo dobrete sendo campión nas categorías individual e dobres do Torneo Internacional Prague Cup Czech.

Martín partiu de cabeza de serie número 1 do cadro e por iso pasou exento a primeira rolda. A continuación, nos cuartos de final, endosoulle un dobre 62 ao xogador local Michal Stefanu (CZE).

63 61 foi o seu resultado nas semifinais ante Joseph Riegler (AUT) e o venres, na final, gañou cun dobre 63 ao seu compañeiro de selección Daniel Caverzaschi.

No cadro de dobres e formando parella con Daniel Caverzaschi, tamén logrou a vitoria, remontando un primeiro set en contra na final, que diputaron ante a parella formada por Kamil Fabisiak (POL) / Martín Legner (AUT). O resultado final 46 62 [10-8]