Nova
17/03/2023
Federativas

Martín De la Puente cae nos cuartos de final do ITF Georgia Open

Martín De la Puente disputou do 8 ao 12 de marzo o Torneo Internacional Georgia Open nos Estados Unidos.

Na categoría individual, Martín venceu ao estadounidense Casey Ratzlaff por 6-1 6-2 e en cuartos foi eliminado polo belga Joachim Gerard por 3-6 1-6.

No sorteo de dobres, Martín facéndose equipo co arxentino Gustavo Fernández quedou fóra tras retirarse ante o xaponés Kouhei Suzuki / Satoshi Saida tras gañar por 6-1 3-2.

Martín continuará coa súa xira polos Estados Unidos