Nova
07/11/2022
Federativas

Martín De la Puente Campión de Dobres do Masters 2022

Martín De la Puente volveu facer historia, conseguiu gañar o Wheelchair Masters 2022 na categoría de dobres, xunto ao arxentino Gustavo Fernández.

Martín e Gustavo clasificáronse tras quedar segundos na fase de grupos.

Na fase final de dobres venceron en semis a Ben Bartram (GBR) e Tokito Oda (JPN) cun dobre 6-2 e na final foron imbatibles, superando cun resultado de 6-1 6-2 a Tom Egberink (NED) e Rubén Spaargaren (NED).

¡Parabéns campións!

Na modalidade individual, Martín logrou gañar un partido na fase de grupos ante Takuya Miki (JPN) pero perdeu ante Alfie Hewett e Tokito Oda, número 1 e número 5 do ranking mundial respectivamente. Non foi suficiente para clasificarse para a fase final.