Nova
18/07/2022
Federativas
Martín De la Puente campión de dobres e finalista individual do British Open
O vigués Martín De la Puente segue demostrando o seu alto nivel no Circuíto Internacional de Tenis. A semana pasada conseguiu gañar dous títulos, o de campión de dobres e o de subcampión individual, no British Open Wheelchair Tennis Championships.
Na modalidade de parellas, Martín fixo equipo co francés Nicolas Peifer, de 31 anos. Venceron na final aos favoritos Joachim Gerard (BEL) e Gordon Reid (GBR) por 6-3 3-6 1-0(8).
Gran remontada de Martín nas semifinais do cadro individual, superando por 5-7 6-1 6-3 ao cabeza de serie número 1, Joachim Gerard (BEL), número 5 do ranking mundial.
O belga Joachim Gerard levou a final ante o galego cun resultado de 6-0 6-4.