Nova
18/11/2024
Federativas

Martín De la Puente campión de dobres no Masters de Tenis en Cadeira 2024

O vigués Martín De la Puente logrou o título de campión de dobres do Masters de Tenis en Cadeira xunto ao belga Joachim Gerard, na cidade neerlandesa de Arnhem.

Impuxéronse na final gañando por 6-4 6-2 á parella británica formada por Alfie Hewett e Gordon Reid.

Na modalidade individual, Martín foi o primeiro do seu grupo, logrando tres vitorias na fase de grupos:

  • Martín De la Puente vs Tom Egberink (NED) 5-7 6-2 6-0
  • Martín De la Puente vs Alfie Hewett (GBR) 7-5 6-4
  • Martín De la Puente vs Joachim Gerard (BEL) 6-7(6) 6-4 7-6(6)

Martín perdeu en semifinais ante Gordon Reid cun resultado de 6-2 6-1.

¡Parabéns polo título Martín!