Nova
13/11/2023
Federativas

Martín De la Puente campión do Master Nacional 2023

O vigués Martín De la Puente sumou un novo título de campión do Master Nacional de Tenis en Cadeira de Rodas (xa leva seis).

Esta competición, que reúne aos 8 mellores tenistas en cadeira, celebrouse no C.A.M. las Franqueses del Valles.

Na final gañou a Enrique Siscar Meseguer cun resultado de 6-0 7-5.

Non foi o único galego que participou nesta edición, o aresán Álvaro Illobre acadou o quinto posto ao vencer a Jorge Iglesias por 6-3 e 6-3.