Nova
30/09/2025
Federativas
Martín De la Puente, campión do Sardinia Open Internacional
Dobre vitoria de Martín De la Puente no Sardinia Open Internacional, logrou ser campión tanto en individuais como en parellas xunto a Rubén Spaargaren.
Martín partía como favorito e no seu camiño cara á final derrotou a Sergei Lysov (ISR) por 6-2 6-2, a Ho Won Im (KOR) por 6-3 6-3 e a Daniel Caverzaschi por 7-5 2-6 6-2. Na final gañou ao francés Stephane Houdet cun contundente 6-2 6-3.
Ruben Spaargaren, dos Países Baixos, foi o seu compañeiro na proba de dobres. Derrotaron na final a Daniel Caverzaschi e Casey Ratzlaff (USA) por 6-2 7-6(4).